Non importa se estás a iniciar un novo proxecto ou se xa leva varios anos. Dá o mesmo se es freelance, PEME ou unha gran corporación. O marketing é a ferramenta que une todas as pezas do teu proxecto. Axúdache a:
- Planificar obxectivos e accións para acadalos
- Comunicar e conectar co teu cliente e asociados clave (aliados, provedores, colaboradores, empregados…)
- Fidelizar e crear unha identidade propia que te faga recoñecible entre os demais
- Crear novos servizos e produtos para seguir desenvolvendo o teu proxecto e que este non se estanque (e desapareza).
Por todo iso, nesta charla formativa dirixida a emprendedores do sector cultural e creativo tocaranse os seguintes temas:
- Termos básicos sobre marketing xeral
- Termos básicos sobre marketing online
- Obxectivos SMART
- Métricas e KPIs
- SEO / SEM / SMO
- Buscadores (Google), como funciona e como sacarlle partido
- Redes sociais
- eMail marketing
- Marketing de afiliados – influencers
- Landing pages (páginas de aterraxe)
- Vídeos promocionais
- Introdución ao copywriting – Escribir con obxectivos en mente
- Storytelling, facer os teus contidos memorables e comprensibles
- Inbound marketing
- Ciclo de refinamento do embudo de conversión: crear – probar – medir -analizar – crear – probar […]
O relator da sesión será Esteban Grandal Ocaña, técnico especialista en Informática de Xestión e Grado en Psicoloxía, o que lle confire un perfil orientado ao coñecemento do comportamento do usuario/a de redes sociais. Conta con máis de 20 anos de experiencia en programación e desenvolvemento de actividades formativas en diferentes empresas.
4 Feb — 30 Aug 2026
Tuesday to Sunday | 10 a.m. — 8 p.m.
Feb - Sep 2026
From Tuesday to Sunday






