Titoría "Redacción para Internet - Copywriting"

O vindeiro martes 26 de xuño terá lugar no Centro de Emprendemento do Gaiás unha xornada de formación e titoría conxunta, destinada aos proxectos emprendedores residentes no Coworking e no Viveiro, baixo o título "Redacción para Internet - Copywriting".

Terá lugar ás 10:00 horas na sala acristalada do CEM e trataranse as seguintes cuestións: 

  • SEO – SEM – SMO (sinerxias e como usar cada medio)
  • Breve introdución ao inbound marketing
  • Copywriting – Escritura persuasiva – Escritura pragmática
  • Obxectivos SMART
  • Diferencias entre escribir para persoas, para Google, para Facebook e para os medios de comunicación
  • Empatizar, emocionar e conectar para CONVENCER
  • Títulos, como redactar títulos que atraian e sexan “compartibles”
  • Captar a atención e mantela ata o final. Storytelling, ou como ser memorable
  • Landing pages – Lanzamentos – Menos é Máis (moito máis)
  • Como redactar fichas de produto e servizos?
  • Sección "Quen somos”
  • A páxina de Inicio (ao final)
 
 
28 Oct 2025 — 5 Apr 2026
Tuesday to Sunday | 10 am — 8 pm
From Tuesday to Sunday
4 Feb — 30 Aug 2026
Tuesday to Sunday | 10 a.m. — 8 p.m.
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
4 Jun — 29 Nov 2026
Tuesday to Sunday | 10 a.m. — 8 p.m.