A produción como eixo dos proxectos

AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes) celebra unhas xornadas dedicadas ao audiovisual. Baixo o título A produción como eixo dos proxectos, trataranse temas como os acordos de coprodución nas series de televisión ou a produción de cine de autor.As xornadas darán comezo ás 10.15h e a inauguración correrá a cargo da presidenta de Agapi (Asociación Galega de Produtoras Independentes), Dolores Ben.

PROGRAMA

  • O primeiro relatorio (10.15-11h) ACORDOS DE COPRODUCIÓN NAS SERIES DE TELEVISIÓN estará conducida por Alfonso Blanco (Portocabo).
  • A continuación, (11-11.45h) seguirá Daniel Froiz (Matriuska Producións) cun discurso centrado na A VISIÓN DO DIRECTOR DE PRODUCIÓN NA ORGANIZACIÓN DO TRABALLO
  • a mañá seguirá coa intervención da produtora Emma Lustres (Vaca Films) que abordará A IMPORTANCIA DO PRODUTOR EXECUTIVO (12- 12.45h)
  • Despois á análise por parte do produtor Koldo Zuazua (Kowasky Films) sobre as particularidades de PRODUCIR CINE DE AUTOR (12.45-13.30h).
  • Pechará a xornada Rodrigo Espinel (Histbook Group) para tratar diversas cuestións relacionadas coa PRODUCIÓN AUDIOVISUAL E MARKETING DIXITAL.
 
 
From Tuesday to Sunday
4 Feb — 30 Aug 2026
Tuesday to Sunday | 10 a.m. — 8 p.m.
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
4 Jun — 29 Nov 2026
Tuesday to Sunday | 10 a.m. — 8 p.m.