#100consejos para el 2017

A Cidade da Cultura de Galicia acolle o encontro de empresarios #100consejos para el 2017. Durante unha mañá, 100 Consejos convértese no centro da actividade económica e empresarial da comunidade na que se celebra. Faise unha reflexión conxunta de como afrontar os retos económicos actuais e coméntanse as claves para o óptimo desenvolvemento empresarial. A súa vez, convértese nun espazo privilexiado para o networking: coñecer e facer negocios con outras empresas.

Estes encontros están pensados para potenciar o emprendemento e o desenvolvemento de ideas empresariais. Por este motivo, os asistentes a 100 Consejos adoitan ser directivos de grandes empresas, xestores e xerentes ao cargo de grandes equipos de traballo e novos emprendedores. Pero calquera persoa interesada na dirección de empresas, a xestión de equipos, as estrategias de marketing e todas as actividades relacionadas co desenvolvemento dun negocio, lle sacará o maior proveito a estes Encuentros.   

 
 
From Tuesday to Sunday
4 Feb — 30 Aug 2026
Tuesday to Sunday | 10 a.m. — 8 p.m.
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
4 Jun — 29 Nov 2026
Tuesday to Sunday | 10 a.m. — 8 p.m.