As Tecnoloxías da Información e da Comunicación convertéronse na panca dun proceso de transformación, ao que tamén se deben adaptar ás empresas para atender ás necesidades e ás demandas duns empregados e duns clientes cada máis dixitais. Esta transformación dixital dá lugar a un novo paradigma, onde o amplo abanico de ferramentas tecnolóxicas abre oportunidades e retos á hora de percorrer ese camiño.
O Programa AceleraTIC é unha iniciativa que vén a dar resposta a estas cuestións e apoiar ás PEMES galegas para competir con éxito nesta nova etapa. Combinar unha visión estratéxica enfocada no cliente, xunto cun rendemento operativo apoiado pola analítica e a tecnoloxía, serán clave para abordar con eficacia esta transformación dixital.
Programa
09.45 h. Recepción dos participantes
10.00 h. Apertura Institucional. Mar Pereira. Directora da Amtega e Aurelio Villa. Director da Escuela de Negocios de Afundación.
10.30 h. Conferencia de Pablo Foncillas: "O marketing que vén: ideas, exemplos e tendencias que transformarán as vendas"
12.00 h. Pausa café
12.30 h. Mesa de experiencias de transformación dixital da empresa galega. Con:
- Jorge Mahía, Director de Marketing, Intelixencia de Clientes e Banca Dixital de ABanca
- Xoán Martínez. Director Xeral de KALEIDO Logistics
- Inmaculada Bernal. Directora Comercial e de Marketing de Viña Costeira
- Mario Vidal. CEO de minevera.es
13.30 h. Clausura da xornada
| 136.34 KB |





