Na actualidade, a transformación dixital non é unha opción. As empresas de hoxe en día non poden dubidar sobre a adaptación a este novo contorno, pois xa non hai outra maneira de renovarse e competir que a través dela.
Dentro do programa 'Destino: PemeDixital', AceleraTIC ofrece ás pemes unha folla de ruta que lles permita afrontar o desafío da transformación dixital, cun enfoque práctico e baseado en casos de éxito.
AceleraTIC estrutúrase en 4 sesións formativas de 8 horas de formación impartidas por expertos en cada materia. As xornadas terán lugar na Sala 1 da Biblioteca e Arquivo de Galicia, na Cidade da Cultura. Dirixidas a xerentes, propietarios de empresas ou mandos intermedios con capacidade de decisión e influencia na peme.
- 30 de outubro - Sesión 1: Tranformando dixitalmente a estratexia da nosa peme. Bigdata, Cloud Computing, AppEconomy, IoT, Robotización e Industria 4.0. Álvaro Gómez Vieites
- 13 de novembro - Sesión 2: Transformando dixitalmente o marketing na nosa peme. Novas canles de comunicación co cliente. Ferramentas de marketing dixital. Gonzalo Garre Rodas
- 20 de novembro - Sesión 3: Transformando dixitalmente o marketing na nosa peme.. Nuevas canles de comunicación co cliente. Social Media. Javier Varela González
- 27 de novembro - Sesión 4: Transformando dixitalmente a canle de venta da nosa peme. O comercio electrónico como unha alternativa estratexica. Carlos Otero Barros
- 2 Sesións de titorización/consultoría para cada asistente con fin de establecer a súa folla e ruta personalizada en base as materias abordadas nas sesións.
O número de prazas para participar neste programa formativo está limitado a 25 asistentes. Máis información e inscricións na web do CDTIC.






