Taller de Marketing Online

O martes 24 de xullo terá lugar no Centro de Emprendemento do Gaiás (CEM) un taller sobre Marketing online, unha sesión formativa dirixida aos emprendedores e emprendedoras participantes no programa Galicia Open Future, aínda que aberta á participación de outros emprendedores do CEM.

Galicia Open Future é o proxecto de crowdworking, impulsado na Cidade da Cultura por Teléfonica e a Xunta de Galicia a través da Amtega, destinado a impulsar iniciativas de emprendemento en todos os sectores, especialmente no ámbito das TICs.

A edición de 2018 do Galicia Open Future titúlase Retos Industria 4.0 e procura dirixir o talento emprendedor a resolver problemas concretos da industria galega, impulsando o sector industrial de Galicia, e aspirando a posicionarse como punto de conexión entre o talento emprendedor innovador, local e internacional, e as empresas tractoras de Galicia.

 
 
From Tuesday to Sunday
4 Feb — 30 Aug 2026
Tuesday to Sunday | 10 a.m. — 8 p.m.
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
4 Jun — 29 Nov 2026
Tuesday to Sunday | 10 a.m. — 8 p.m.