AJE Coruña celebra este xoves no Centro de Emprendemento do Gaiás Como presentar proxectos en 50 tweets, onde se darán as claves para preparar o contido, o deseño e a exposición dunha presentación efectiva. A sesión estará conducida polo experto en Branding, Design Management, Design Thinking e Project Presentation, Diego Carracedo. Ao remate da xornada, haberá networking na Cantina do Gaiás.
Carracedo é Doutor en Ciencias da Comunicación e Máster en Comunicación pola Universidade de Vigo, Máster en Dirección de Marketing & Sales pola Universidade de Barcelona, Máster en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións pola Universidade da Coruña e Grao en Deseño pola Escola Superior de Disseny de Valencia. Conta con máis de dez anos de experiencia na industria do marketing, onde traballou para compañías de diversos sectores . Actualmente exerce como docente en temas relacionados con Branding, Design Management, Design Thinking e Project Presentation e colabora con distintas organizacións como consultor independente






