Baixo o título Camiño do Emprendemento Musical, o venres 16 de maio de 2025, a Sala Eisenman da Cidade da Cultura converterase no punto de encontro imprescindible para todas aquelas persoas que desexen transformar a súa paixón pola música nun proxecto de éxito. Esta iniciativa organizada por Wake Up!, en colaboración coa Xunta de Galicia, ofrecerá mentorías e masterclasses dirixidas por recoñecidos profesionais do sector musical. Compartirán experiencias, estratexias e ferramentas esenciais para emprender con éxito no ámbito musical.
Entre os relatores destacan:
- Alexis González, CEO de Farraworld Tenerife
- Elba Souto, artista
- José Patiño, CEO de Wake Up
- Luis Diz, CEO de Grupo Pelícano
- Manuel Nogueira, fundador de Orballo Cultural
- Marino González, CEO de Boombastic / Gijón Life / 2monkeys
- Mercedes Santalla, experta en márketing digital
- Patricia Hermida, directora de AGEM
- Rafa Barrios, artista
A xornada non se limita a charlas inspiradoras. Tamén promove o diálogo e o intercambio de ideas entre os asistentes e os relatores, creando un ambiente ideal para establecer contactos e xerar novas oportunidades dentro da industria.
As prazas son limitadas e a inscrición pódese realizar na seguinte LIGAZÓN.





