Ceo das Letras Infantil - 2012: Castelao

O Autor: Castelao

Rianxo, 1886 – Bos Aires, 1950

Debuxante, humorista gráfico, teórico da arte, escritor e político, Castelao é o referente indiscutible da cultura galega do século XX. O seu labor foi decisivo na conformación da arte, da narrativa e do rexurdir de Galicia mediante a acción política nacionalista. Colaborou coa xeración de 1916 nese florecemento da lingua e da cultura galega.

Foi membro do Seminario de Estudios Galegos, patrón do Museo de Pontevedra, fundador do Partido Galeguista e membro da Real Academia Galega. Dende o exilio defendeu o Estatuto de Autonomía para Galicia e os dereitos do noso pobo mediante o Consello de Galiza. Nese labor intelectual destaca o seu ensaio político Sempre en Galiza.

 

 
En familia