Programa Go2Work 2023

O Go2Work é un programa de desenvolvemento profesional, sen custe para os seus participantes, que ten como meta apoiar o emprendemento cultural e artístico no rural, poñendo a disposición do alumnado profesionais e experiencias de gran percorrido.

Esta formación, que comezará o próximo 3 de marzo, está cofinanciada polo Fondo Social Europeo, e enmárcase nun convenio asinado entre a Fundación Paideia Galiza e a EOI – Escuela de Organización Industrial, contando coa colaboración da Cidade da Cultura e dos Grupos de Desenvolvemento Rural Asociación DeloaASDECOMORRibeira Sacra-Courel e Comarca de Lugo.

O programa contará cun total de 60 horas formativas presenciais e de 40 de titorías individuais para cada un dos proxectos participantes. As sesións presenciais desenvolveranse os venres en horario de 16:00 a 20:00 h e algún sábado de 10:00 a 14:00 na Cidade da Cultura

Participarán como relatores e titores recoñecidos profesionais na xestión da cultura no rural, como María Montesino, da Asociación Cultural La Ortiga, Noemí Vázquez, de A Arca da Noe e expertos en financiación, traballo cooperativo, dereito, sustentabilidade ou márketing e comunicación. O taller de apertura, que terá lugar o día 3 de marzo, será guiado pola Directora do Museo de La Vida Rural Fundació Carulla), Gemma Carbó.

Nesta edición levaranse a cabo tamén diferentes eventos, enmarcados no ámbito territorial dos Grupos de Desenvolvemento Rural colaboradores, co obxectivo de favorecer o networking entre os emprendedores e demais axentes do ecosistema emprendedor, integrándoos coas actividades da comunidade de emprendedores.

 
 
28 Oct 2025 — 5 Apr 2026
Tuesday to Sunday | 10 am — 8 pm
From Tuesday to Sunday
4 Feb — 30 Aug 2026
Tuesday to Sunday | 10 a.m. — 8 p.m.
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
4 Jun — 29 Nov 2026
Tuesday to Sunday | 10 a.m. — 8 p.m.