Ceo das Letras Infantil - 2012: Celso Emilio

Programa da sesión

María Lado (poeta e actriz)

Borxa Ìnsua (actor)

Dinamizado por Marta Ríos (actriz e educadora)

Actividade dirixida a nenos e nenas entre 6 e 12 anos na que se propón aos cativos pequenos misterios sobre a vida e a obra de Celso Emilio Ferreiro que eles mesmos resolverán a través de xogos cos poemas, xogos colectivos e pequenas lecturas de poemas, contando sempre coa axuda dun elenco de monicreques que os guiarán na súa investigación como se fose a procura dun tesouro.

A actividade desenvólvese nun percorrido que transcorre pola Biblioteca da Cidade da Cultura onde os nenos van atopando actividades lúdicas do máis diverso que os achegarán ao escritor e á súa obra. Ademais, os nenos pintarán a Celso Emilio, escoitarán música, e moitas actividades máis nas que a aprendizaxe e a diversión serán a mesma cousa.

 

O Autor: Celso Emilio Ferreiro

Celanova, 1912 – Vigo, 1979

Poeta do pobo, a obra de Celso Emilio aglutina crítica social, intimismo, sátira e compromiso coa Terra. Autor dalgún dos títulos que deixaron unha máis fonda pegada na literatura galega contemporánea, como Viaxe ao país doa ananos, Onde o mundo se chama Celanova, O soño sulagado, e sobre todo Longa noite de pedra, estandarte profusamente musicado desde a nova canción galega dos anos 60’ ate os nosos días. 

En 2012 conmemoramos o centenario do seu nacemento.

 

 
En familia