Emilia Pardo Bazán - 2012

A Coruña, 1851 – Madrid, 1921

Novelista, ensaísta, contista, xornalista e crítica literaria, dona Emilia é unha das máis eminentes escritoras da literatura española do século XIX.

A autora de Los pazos de Ulloa é considerada a introdutora do naturalismo e do espiritualismo ruso en España e foi a primeira muller en presidir a sección de literatura do Ateneo de Madrid, así como a primeira catedrática de Universidade e a primeira conselleira de instrución pública. A independencia e dignidade no seu vivir, e a denuncia da hipocrisía moral da época converteuna nun símbolo precursor dos movementos feministas de hoxe.

Programa

12:00 | Relatorio: Marina Mayoral

Novelista e Catedrática de Literatura Española na Universidade Complutense de Madrid. A súa narrativa, en galego e en castelán, foi premiada en ambas linguas, así como traducida ao alemán, italiano, portugués, catalán, polaco e chinés. É unha das máis sinaladas expertas na obra de Pardo Bazán, sobre quen publicou numerosos estudios.

13:00 | Pardo Bazán, a Condesa rebelde (50')

Reportaxe–documental onde unha panoplia de especialistas mergúllanos no universo literario e vital da escritora. Dirixido por Zaza Ceballos e realizado por Zenit Televisión para TVG. Estrea absoluta no ciclo Galicia, Ceo das Letras.

Presenta |  Xulia Santiso, conservadora responsable da Casa Museo Emilia Pardo Bazán.

 

 
Letras & Pensamento
 
Ceo das Letras 2012. Sesión Emilia Pardo Bazán
Ceo das Letras 2012. Sesión Emilia Pardo Bazán
Ceo das Letras 2012. Sesión Emilia Pardo Bazán
Ceo das Letras 2012. Sesión Emilia Pardo Bazán