Visitas comentadas á Cidade da Cultura

Coñece coa axuda dos nosos guías a xénese, evolución e funcións da Cidade da Cultura, mergúllate na espectacular arquitectura de Peter Eisenman, descubre os espazos naturais que rodean o complexo e a fauna e flora que os habita, déixate guiar polas exposicións que alberga o impresionante Museo Centro Gaiás. A través da nosa oferta de visitas comentadas poderás achegarte de xeito ameno e divulgativo a esta singular infraestrutura e gozar de vistas panorámicas de Santiago de Compostela desde o cumio do monte Gaiás.

Preme sobre as imaxes para descubrir os diferentes tipos de visitas que ofrecemos e reservar a túa quenda para o día que prefiras:

Os espazos naturais do Gaiás

Xénese e proxecto da Cidade da Cultura

A Cidade: o que non se ve

'Cinema e emocións. Unha viaxe á infancia'