Viraxes: Orquestra de malabares | Unión Musical de Meaño & Pistacatro

Pondo en escena a seis malabaristas e unha banda de música, Orquestra de malabares quere demostrar que os diferentes tipos de expresión artística non están illados entre si e compleméntanse orixinando novas formas de expresión. Tentando ir máis alá da música e do circo como xéneros independentes, o proxecto crea unha obra con personalidade propia na que a música deixa de ser un mero acompañamento dos malabares e os instrumentos da banda actúan como pintores dun cadro no que os malabaristas se transforman en bailaríns dunha abraiante danza aérea.

Nacido da colaboración entre a compañía galega de novo circo Pistacatro e a Unión Musical de Meaño, este espectáculo está ideado para o goce de asistentes todas as idades aínda que se dirixe especialmente a público infantil e familiar.

Dirixe: Diego Javier Lorente López