VII Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco

Tes unha idea innovadora para emprender no ámbito das industrias culturais? A túa carreira profesional ou estudos van da man do deseño, a ilustración, a comunicación, a xestión cultural, a fotografía e o audiovisual, a creación artesá ou artística...?

Os VII Premios Emprende Gaiás – Sixto Seco danche o apoio que precisas para facer realidade os teus proxectos!

Convocado pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia, este concurso ten como obxectivo impulsar a posta en marcha de ideas emprendedoras e proxectos innovadores no ámbito da creación e da cultura.

Podes participar en dúas modalidades:

  • Aplicacións informáticas relacionadas co sector cultural ou proxectos culturais na internet.
  • Proxectos na área do deseño, a xestión cultural, e a creación artística e plástica.

PREMIOS

O premio en cada unha das modalidades inclúe:

  • 3.000 euros para darlle á túa idea o pulo que precisa.
  • Poderás incorporarte de balde, durante un ano, ao coworking do Centro de Emprendemento do Gaiás.
  • Asesoramento personalizado para desenvolver o teu proxecto durante a túa estancia no CEM.

CANDIDATURAS

O prazo de recepción de solicitudes está aberto entre o 5 de outubro e o 4 de novembro e as candidaturas poderanse presentar, preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes, presencialmente ou por correo postal, no Rexistro da Fundación Cidade da Cultura de Galicia. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365.

Consulta máis polo miúdo esta información nas bases -publicadas no DOG do 25 de setembro (código de procedemento CT899A)- e no noso apartado de dúbidas frecuentes.

Os premios Emprende Gaiás - Sixto Seco contan coa colaboración do IGAPE e de Afundación.

 
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
29 Nov 2023 - 28 Abr 2024
De martes a domingo | De 10 a 20h
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
5 Dec 2023 - 19 Mai 2024
25 — 29 Ago 2024
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 24 MAI
22 Mar — 4 Ago 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
6 Abril 2024
Ás 11.30 horas e ás 16.30 horas
3 - 5 Mai 2024
Ata 19 Mar 2024
Convocatoria pechada
Xul 2024 — Xan 2025
De martes a domingo | De 10 a 20 h