Verán no Gaiás | Stay Here (EAN)

Intervención artística do sevillano Alejandro Ginés, quen resultou gañador da VI Concurso de Intervencións Artísticas nas Torres Hejduk, convocado entre os e as participantes do Encontro de Artistas Novos (EAN) 2018.

Trátase dunha peza escultórica, a modo de torre coroada por unha cadeira pregada, que converte as edificacións ideadas por John Hejduk —e construídas por Peter Eisenman no Gaiás a modo de homenaxe— nunha especie de enxeñosa matrioska, que convida á participación de quen a ve, tanto no seu posible manexo como nas súas múltiples lecturas.

Stay here levarase a cabo na Torre Hejduk de cristal, mentres que na opaca estará exposta, sobre unha base alzada, a maqueta da obra a escala 1:10. O xurado valorou á hora de elixir este proxecto a presenza do cinético e o cotián para suxerir novas olladas e evocacións por parte de Alejandro Ginés. Precisamente, o funcionamento cinético da peza describe a súa natureza. Deste xeito, a partir del pódense facer múltiples lecturas que, segundo explica o seu autor, gardan un paralelismo co comportamento da sociedade.