Programa de faladoiros WOS Talks x Fest Galicia | Futuro_presente

Cun programa deseñado para reflexionar sobre o contexto actual nas artes, o pensamento e a vangarda cultural, o WOS Talks x Fest Galicia aborda cuestións transversais que alcanzan máis aló da música ou as artes: a xestión social, a política ou a nosa implícita relación cos datos e contornas dixitais no contexto actual. O programa consta de tres charlas: Redefinir os nosos modelos, Redefinir as nosas comunidades e Redefinir noso eu dixital.

O investigador norteamericano Mat Dryhurst, o dúo de vídeo artistas Los Voluble, o galego Christian García Bello ou a dupla de activistas dixitais ¥€$Se Perse, cóntanse entre os participantes deste encontro, no que participan un amplo elenco de académicos, artistas, comunicadores ou creadores.

PROGRAMA

16:00 h | Apertura da xornada e introdución Futuro_Presente: Mat Dryhurst

Mat Dryhurst publica música, investigación e obras de arte en solitario e en conxunto coa súa socia creativa Holly Herndon. É profesor no Instituto de Música Clive Davis da Universidade de Nova York e modera debates con figuras que dan forma á cultura do século XXI no podcast Interdependence que el e Herndon emiten desde o seu estudo en Berlín. Manteñen discusións informais de alto nivel sobre temas que van desde a intelixencia artificial, á propiedade de datos e a economía experimental.

16:30 h | Talk 1: Futuro_Presente: Redefinir os nosos modelos

A situación actual deixou ao descuberto cuestións endémicas que levan décadas afectando ás artes e ácultura: a imposibilidade de ser independente no mundo do capitalismo de plataformas e a escravitude dos contidos, a propiedade intelectual e os marcadores de audiencia. Unha industria musical interdependiente é posible? Podemos imaxinar un contexto de cooperación mutua e transparencia que nos leve a alcanzar novos paradigmas de retribución na industria? Nesta charla exploraremos os futuros presentes en canto á organización e xestión dos activos culturais e artísticos: novos protocolos, novos modelos baseados en novas tecnoloxías dixitais e realidades que hoxe preocupan moito máis á industria musical. É o streaming un sustitutivo viable para un artista? Como cambiará a situación actual nosa vivencia dunha experiencia en directo? Albiscamos novas realidades na autocapitalización de contidos por parte dos artistas á marxe dos antigos selos discográficos?

  • Participan: Arnau Sabaté, Cora Novoa, María Baqueiro, Sarah Rasines.
  • Moderan: Frankie Pizá, Marta Gómez

17:45 h |Talk 2: Futuro_Presente: Redefinir as nosas comunidades.

Nestes momentos a moi usada “nostalxia clube” gaña unha importancia cada vez maior: o que antes da covid-19 era un recurso para distorsionar a realidade converteuse na realidade mesma. Como imos organizarnos no futuro? E por tanto, como viviremos a experiencia clube a partir desas organizacións e comunidades? E non só iso: como se xestarán as novas escenas musicais no mundo físico e dixital? Nesta charla queremos analizar o futuro presente dos colectivos a nivel global, físico e virtual, para así albiscar como se deseñarán as nosas comunidades. Guerras culturais online que usan a memética como armamento bélico dixital, colectivos descentralizados que teñen o seu fogar en realidades de videoxogos, grupos privados en aplicacións como Discord que actúan como think tanks modernos. Imos observar como nosa maneira de organizarnos está a redeseñar o futuro nestes precisos instantes.

  • Participan: Alex Nikolov, Paula Pin, Silvia Bianchi,  ¥€$Si Perse.
  • Moderan: Frankie Pizá, Marta Gómez

19:00 h | Talk 3: Futuro_Presente: Redefinir o noso eu dixital

Nós tamén nos estamos redeseñando sen apenas darnos conta. A situación de distanciamento social e confinamento, así como as dificultades socio-económicas palpables, provocaron que esteamos ante unha nova iluminación do ‘eu dixital’. Un novo humano dixital está a nacer, moito antes do prometido transhumanismo e aínda cos pés na Terra: un ser dixital máis consciente do valor dos seus datos, do valor dos contidos potenciais que é capaz de xerar e dos perigos da imaxe virtual e a xestión da información. Nesta charla centrarémonos en explorar novos modelos de pensamento a partir da xestión dos datos e a imaxe dixital, avaliando a influencia destas cuestións no desenvolvemento creativo e, por tanto, cultural. Morre alguén hoxe en día na internet? Podemos chegar a recibir un beneficio simplemente por “ser” no contexto dixital? Como de importante é a consciencia comunicativa hoxe en día? Como estamos a contribuír ao colapso de contido? Que é a “exformación”? En definitiva: somos conscientes do que somos realmente no contexto dixital?

  • Participan: Ana Quiroga, Bego M. Santiago, Christian García Bello, Los Voluble, Miguel Prado.
  • Moderan: Frankie Pizá, Marta Gómez