Luz na terra. A obra do Seminario de Estudos Galegos (1923-1936)

A mostra Luz na terra. A obra do Seminario de Estudos Galegos (1923-1936) está concibida como celebración do centenario da fundación do Seminario, pero tamén como unha posta en valor dunha obra colectiva que tratou de actuar de acordo coas esixencias do seu tempo para lograr a modernización da cultura galega e unha proxección exterior da mesma conectando ou intercambiando experiencias e publicacións con institucións análogas de España, Portugal, Bretaña, Irlanda, Reino Unido, Alemaña ou diversos países do continente americano.

Está comisariada por Ramón Villares, catedrático emérito de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela, institución da que foi decano da Facultade de Xeografía e Historia e reitor entre 1990 e 1994. Foi membro fundador e presidente da Asociación Española de Historia Contemporánea, é membro numerario da Real Academia Galega desde 2006 e presidiu o Consello da Cultura Galega entre 2006 e 2018. 

 
Exposicións
 
21 Out 2022 - 16 Abr 2023
De martes a domingo | De 10 a 20 h
11 Nov 2022 — 9 Abr 2023
De martes a domingo | De 10 a 20 h
De Nov 2022 a Mai 2023
De 9.00 a 21.00 horas
27 Set - 18 Dec de 2022
De 10.00 a 20.00 horas
7 Mar - 11 Xuñ 2023
De martes a domingo | De 10 a 20 h