II Cume Académico e do Coñecemento UE-CELAC

O II Cume Académico e do Coñecemento UE- CELAC terá lugar en Santiago de Compostela os próximos días 26 e 27 de marzo. Congregará a máis de 500 participantes de universidades iberoamericanas e da Unión Europea, así como a autoridades institucionais e políticas na Cidade da Cultura.

A súa celebración dará continuidade ao proceso de diálogo aberto e iniciado no San Salvador no ano 2017 para a construción dun espazo birrexional en educación superior, ciencia, tecnoloxía e innovación.

Promoverá espazos de debate e reflexión sobre aspectos determinantes para o fortalecemento da integración birrexional das institucións de educación superior no espazo euro-latinoamericano e caribeño.

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) exercerá de anfitrioa deste II Cume internacional, que organiza en colaboración coa Xunta de Galicia, as universidades de Vigo ( Uvigo) e da Coruña (UDC), o Consello Universitario CELAC-UE, a Secretaría Xeral Iberoamericana (SEGIB) e o Consello Universitario Iberoamericano (CUIB).

O seu obxectivo é impulsar a cooperación e o desenvolvemento inclusivo en educación superior, o intercambio de coñecementos e innovación e a transferencia de tecnoloxía.