Galiverso de Nadal | Nadal no Gaiás 2022-2023

Comezamos o novo ano cunha edición especial do Galiverso, que poderá visitarse do 2 ao 15 de xaneiro de 2023 nos andares 0 e no -1 do Museo Centro Gaiás. Nesas datas, o Galiverso amplía o número de postos dispoñibles para gozar das 12 experiencias coas que conta actualmente, que permiten visitar o patrimonio material e inmaterial galego dun xeito inmersivo e diferente.

Ademais, o Galiverso de Nadal estrea unha nova experiencia totalmente interactiva e adaptada para nenas e nenos a partir dos 6 anos de idade, que terá unha duración menor (5 minutos aproximadamente) atendendo ás recomendacións de uso da realidade virtual para estas idades. Nela, os máis pequenos poderán entrar na casa do Apalpador e interactuar con varios xoguetes, deixar unha mensaxe virtual no taboleiro ou mesmo sentar a carón desta figura mítica do Nadal galego para recibir unha sorpresa.

A cativada de 12 anos en adiante poderá acceder a todo o Galiverso, tendo en conta que cada sesión individual ten unha duración máxima de 20 minutos durante a cal se poden vivir unha ou varias das experiencias de realidade virtual ofertadas. O límite de tempo obedece tanto á intención de evitar a fatiga asociada cun uso máis prolongado dos lentes de realidade virtual como de facilitar que o maior número de persoas poida acceder á instalación.

Galiverso de Nadal estará aberto de 11.00 a 14.30 e de 16.00 a 20.00 horas do 2 ao 5 de xaneiro. Do 7 ao 15 de xaneiro o horario será de 16.00 a 20.00 horas de martes a venres e sábados e domingos tamén en horario de mañá, de 11.00 a 14.30 horas. O venres día 6 e o luns 9 estará pechado.

IMPORTANTE: O acceso péchase ás 14.00h pola mañá e ás 19.30h pola tardeA visita é gratuíta e non é necesario reservar praza.

Hai 15 postos individuais no andar -1 e tres máis no andar 0 con cadanseu equipo de realidade virtual, que poden operar de maneira simultánea. Un mapa virtual de Galicia permite seleccionar as experiencias, que van acompañadas de textos e audios explicativos en galego, castelán e inglés.

 
En familia
 
28 e 29 Xan 2023
28 e 29 Xan 2023
Mañá e tarde
28 e 29 Xan 2023
Ás 13.00 horas
28 e 29 Xan 2023
16.30 a 20.00 h
4 Feb 2023
De 17.00 a 18.30 horas