VISITAS COMENTADAS PARA ACHEGARSE Á ARQUITECTURA, Á HISTORIA
E ÁS ZONAS NATURAIS | INCLÚE ACCESO A ESPAZOS RESTRINXIDOS AO PÚBLICO
Se estás a argallar un plan en Compostela, hai un que che vai resultar irresistible: a descuberta —dun xeito diferente do habitual— da arquitectura, da historia e das zonas verdes da Cidade da Cultura de Galicia, un dos exemplos máis sorprendentes da arquitectura contemporánea. Ven coñecer a fondo, da man dun dos nosos guías, a historia e as claves da Cidade da Cultura. Descubre a través desta visita exclusiva ao Museo Centro Gaiás, a Biblioteca e o Arquivo de Galicia e as Torres Hejduk.
Achégate á complexidade desta infraestrutura accedendo a espazos habitualmente restrinxidos ao público, como:
- A galería subterránea que comunica o complexo
- As sobrecubertas dos edificios
- Os sofisticados depósitos bibliográficos
Goza das visitas panorámicas de Compostela desde o miradoiro do Bosque de Galicia e reláxate rodeado de natureza no Xardín do Teatro. Un completo percorrido para explorar unha das infraestruturas contemporáneas máis singulares de España.
