Día do Libro na Biblioteca de Galicia 2024

Un ano máis a Biblioteca de Galicia únese á celebración do Día do Libro cunha proposta que trata de achegar o funcionamento da institución ao público, abrindo as súas portas a unhas visitas guiadas que percorren lugares das instalacións ás que non se pode acceder normalmente. Ademais, como é costume neste tipo de celebracións, haberá agasallo de libros sorpresa para as persoas usuarias que se acheguen durante esta xornada á Biblioteca.

Visitas guiadas

Nestas visitas especiais que organiza a Biblioteca co motivo de efemérides específicas, o persoal técnico explicará aos asistentes os servizos que ofrece a institución, amosando espazos de acceso restrinxido onde se custodian a maior parte dos seus fondos. 

Prográmanse dúas quendas para as visitas: unha en horario de mañá, ás 12.30 horas, e outra pola tarde, ás 17.00 horas. A proposta é de balde e precisa inscrición mediante un envío dunha mensaxe con nome e apelidos ao correo electrónico bibliotecadegalicia@xunta.gal. As prazas completaranse con 15 persoas por quenda.

Agasallo libros

A Biblioteca selecciona para esta ocasión unha serie de libros para completar cen bolsas de agasallo. Todas as persoas que se acheguen ás instalacións durante a xornada do 23 de abril poderán coller unha destas bolsas sorpresa, situadas no mostrador de acceso á sala de consulta. Entregaranse ata agotar existencias.

 
Visitar
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h