Descobre a pé o Gaiás

Desde a histórica praza do Obradoiro á arquitectura contemporánea da Cidade da Cultura.

O Gaiás, en colaboración coa Fundación USC Deportiva e Turismo de Santiago, deseñou unha ruta autoguiada para coñecer a pé e doutro xeito a Cidade da Cultura. Partindo da Catedral de Santiago, a ruta atravesa o casco antigo, Patrimonio da Humanidade, achégase aos parques de Bonaval e Belvís, pasando polo animado barrio de San Pedro.

Descobre xoias como a Colexiata do Sar e ascende polas sendas do Bosque de Galicia con vistas á cidade, e goza do solpor en Santiago desde o cumio do Gaiás.

Podes baixar o mapa co percorrido guiado na área de descargas.