Tirastedes proveito deses meses do obrigado #quedanacasa para cociñar pratos cos pequenos e pequenas da familia? Seguro que si! Por iso, agora podedes xuntos/as dar un chanzo máis na vosa destreza na arte dos fogóns con receitas animadas e sinxelas, e non por iso menos saborosas, para preparar e papar coa cativada, grazas ás nosas Cociñeiras ilustradas! Cada sábado contades cun novo e larpeiro plan de fin de semana que vos vai resultar un xeito divertido de achegarlles aos vosos nenos e nenas a cociña e o coñecemento de alimentos e hábitos saúdables, que son moi importantes na súa nutrición e crecemento.
Todos os sábados [do 13 de xuño ao 11 de xullo] ás 10 horas contades con dúas vídeo-receitas animadas por cinco recoñecidas ilustradoras galegas [ Nuria díaz, Ana Varela, Laura Tova, Ángeles Díaz-Axouxeres e chisqueiros e Dani Padrón], que son as encargadas de darlle vida cos seus divertidos e fantásticos debuxos a ricos xantares, ceas, merendas ou sobremesas, preparadas polos cociñeiros da Escola de Hostalaría Belarmino Fernández. Sober (Lugo): Xenxo Pereiro, Santiago Martínez, David Cidre e Miguel A. Caruncho.
Nada en 1987 en A Coruña, cidade na que reside e traballa actualmente. Desde ben nena foi unha apaixonada da pintura e o debuxo, o que a leva a estudar Belas Artes na Facultade de Pontevedra. A partir de 2015, comeza a dedicarse á ilustración de forma profesional, enfocando a súa ctividade principalmente cara á ilustración infantil e colaborando con diferentes editores e clientes de todo o mundo. Nos seus proxectos adoita experimentar con diferentes técnicas e estilos na procura de versatilidade, xogando coas posibilidades que ofrece o debuxo.
ANA VARELA | 13 XUÑO Vídeo-receita de Cornete de pavo e verduras Vídeo-receita de Galletas de leite condensado
|
|
ÁNGELES DÍAZ | 20 XUÑO Vídeo-receita de Crema de arroz con cabaza e luras Vídeo-receita de Cordon bleu de pescada
|
|
DANI PADRÓN | 27 XUÑO Vídeo-receita de Niño de paspallás Vídeo-receita de Crema de chocolate branco e iogourt
|
|
NURIA DÍAZ| 4 XULLO Vídeo-receita de Sandwich mixto con corazón fantasía de amanita muscaria Vídeo-receita de Luriñas de salchichas con pasta
|
LAURA TOVA | 11 XULLO Vídeo-receita de Roliños de arroz Vídeo-receita de Bolo preñado con xamón cocido e queixo
|
[Música vídeos: Guitalele's Happy Place by Stefan Kartenberg Ft: Kara Square (mindmapthat)Guitalele's Happy Place by Stefan Kartenberg (c) copyright 2017
Licensed under a Creative Commons Attribution (3.0) license. http://dig.ccmixter.org/files/JeffSpeed68/56194 Ft: Kara Square (mindmapthat) ]
4.25 MB |