Cinema en Curso

O Centro Galego de Artes da Imaxe imparte na Cidade da Cultura o obradoiro 'Cinema en Curso', dentro do programa internacional de pedagoxía do cinema para escolas e institutos. Esta formación está dirixida a docentes e cineastas inscritos no programa. As sesións serán o 26 de outubro de 2019, o 18 de xaneiro e o 14 de marzo de 2020 nas Salas 1 e 2 da Biblioteca e Arquivo de Galicia.

O programa 'Cinema en curso' foi iniciado no ano 2005 pola asociación A Bao A Qu en Cataluña. Na actualidade desenvólvese tamén en Galicia -coordinado polo CGAI-, Madrid, Euskai, Arxentina, Chile e Alemaña.

Os seus obxectivos prioritarios son: formar público sensible, activo e autónomo, con interese e capacidade para gozar de manifestacións culturais e cinematográficas diversas, e desenvolver as potencialidades pedagóxicas da creación cinematográfica na escola e no instituto.

O programa articúlase a partir de catro eixos principais:

  • A presenza regular e continuada de cineastas nos centros educativos, impartindo obradoiros xunto a mestres e profesores, dentro do horario lectivo.
  • O descubrimento da arte cinematográfica a partir dunha metodoloxía que liga estreitamente a práctica creativa co visionado de películas.
  • A formación dos docentes.
  • O laboratorio de investigación aplicada: a partir da análisis das experiencias dos obradoiros, o equipo de cineastas e docentes crea propostas, materiais e metodoloxías extensibles a contextos educativos diversos.