A Cidade: o que non se ve

Unha descuberta diferente do Gaiás na que coñeceremos dun xeito exprés desde as liñas mestras do proxecto arquitectónico, aos principais usos e fitos do complexo, ou as claves do seu funcionamento. Visitaremos o espazo multiusos no andar -1 do Museo Centro Gaiás e tamén a abraiante galería de servizos subterránea, que comunica o subsolo de todos os edificios.

Non faltará neste percorrido un petisco dos espazos exteriores, que nos levará desde o Xardín do Teatro, con especies botánicas procedentes de diferentes partes do mundo, un auditorio ao aire libre, estanques e áreas de lecer para gozar do deporte e da natureza, á monumental praza central vista desde a porta do Museo Centro Gaiás.

 

 

Medidas de seguridade sanitaria poscovid-19

  • Obriga de vir con máscara de protección por parte das persoas asistentes.
  • Haberá xel hidroalcólico na entrada do recinto.
  • Manterase en todo momento a distancia de seguridade.
  • Deberán seguirse en todo momento as indicacións do persoal guía da visita.