No ano 2002 un grupo de mozos e mozas iniciamos con Reverso a aventura de crear un proxecto empresarial. Co noso traballo buscabamos ser a resposta a calquera dificultade que xurda na comunicación, tanto oral coma escrita, tanto para a mellora dun produto xa rematado (libro, tese, páxina web) como na dun en continua evolución (a comunicación cando falamos e cando escribimos).
O paso do tempo e as oportunidades e contratempos que fomos atopando, trouxéronnos a onde estamos agora: a ser un equipo multidisciplinar que traballa desde a eficiencia e a proximidade. En Reverso Comunicación traballamos en tres campos:
- O asesoramento. Somos especialistas na xestión de proxectos de tradución e revisión lingüística. Contamos cun equipo profesional especializado por campos de traballo e combinacións de idiomas, cunha dilatada experiencia para garantirche a realización dun traballo de calidade.
- A formación. Concibímola como unha ferramenta lúdica para traballar cos grupos. Cremos na práctica como a vía máis eficiente de aprendizaxe. Por iso abordamos a formación como un proceso de creación conxunta co alumnado. Para nós adquirir novas competencias serve para mellorar a rendibilidade dos grupos de traballo, e constitúe un factor de éxito na organización, a través da optimización da comunicación oral e escrita.
- A dinamización. Deseñamos e executamos propostas para distintos ámbitos, cunha perspectiva colaborativa e inclusiva, e sempre cun enfoque lúdico e didáctico. Quince anos desenvolvendo e executando programas de dinamización con diferentes sectores (económico, educativo, social, etc.) avalan o noso traballo xestionando coñecemento e concibindo actividades adaptadas aos diferentes públicos e ás súas necesidades.
Contacto:
Directora de proxectos: Concha Diéguez
Web: www.reversocomunicacion.com
Contacto: comunicacion@reversocomunicacion.com
Teléfono: 981 936 750