Galicia es +

Galicia es + é a formación dunha unidade entre Latexos de Turismo e Viaxes Alma Gaia; completando así o círculo do turismo que vai desde o deseño do produto turístico ata a introdución do mercado, comercialización e venda final.

Conscientes da riqueza desta terra e do viaxar, somos xestores con amplo coñecemento do territorio de Galicia. Por iso e pola nosa experiencia no sector, creamos destino deseñando experiencias, creando produtos turísticos, programando viaxes a medida... achegando aos viaxeiros os néctares de Galicia: natureza e paisaxe, patrimonio, cultura, etnografía, música, poesía, folclore, danza e artesanía galega na súa esencia máis pura.

Poñemos en valor a nosa cultura, historia e folclore, os nosos valores etnográficos e sociais, para grandes e para pequenos. Facémolo ao aire libre, como o druída, no propio territorio. Recollemos e recuperamos sabedorías ancestrais que foron transmitidas de xeración en xeración a través das nosas lendas, cantos, música e festas populares. Para todo iso contamos con expertos en cada materia que explicarán desde a importancia dos nosos bosques, plantas e auga, ata escavacións, expedicións, actividades de aventura e carreiros á Galicia máis profunda, ás súas entrañas.

Porque Galicia ten Alma, Galicia é máis... #GaliciaconAlma #Galiciaesmas

Contacto:

Web: www.galiciaesmas.com

Mail: hola@galiciaesmas.com

Consultoría e márketing turístico: minia@galiciaesmas.com / 617 42 12 76

Programación turística e axencia de viaxes: luisa.ferreiro@galiciaesmas.com / 629 95 7394

Reservas: reservas@galiciaesmas.com  / reservas1@galiciaesmas.com / 676 81 46 74

 
Galicia es +