Breathingalicia

Breathingalicia é un proxecto turístico que facilita experiencias turísticas para os nosos clientes a través dunha carta de emocións vinculada a diferentes destinos en Galicia.

Resolvemos a falta de oferta turística baseada no turismo experiencial en Galicia. O noso valor diferenciador é un catálogo de emocións creadas para diferentes perfís de clientes a través dunha páxina web con información en inglés e un marcado carácter internacional.

Inicialmente, a idea xurdíu como profesional do sector do turismo. Despois do estudo exhaustivo dos perfís dos clientes que nos visitan, a escasez de productos turísticos ligados ás emocións e a crecente expansión internacional de Galicia como principal destino turístico, decidín emprender este proxecto.

O turismo experiencial implica unha nova clase de turista multisensorial e multicanle que busca vivir o destino dun xeito diferente. Elixe o seu destino en función da emoción que quere vivir e utiliza a tecnoloxía para logralo.

Premios e recoñecementos

  • Accésit Mellor idea Empresarial no II Premio Ría de Arousa ao emprendemento Marítimo-Portuario (2018(
  • Accésit XXIII Premio Xove Empresario do Ano de Pontevedra (2018)


Contacto:
Responsable: Olalla Rúa Gallego
Email: olalla@breathingalicia.com
Web: www.breathingalicia.com
Teléfono: 627 699 828

 
Breathingalicia