7H Cooperativa Cultural

7H é unha cooperativa de traballo asociado e sen ánimo de lucro vencellada ao ámbito das industrias culturais, creativas e artísticas de Galicia. Constituída no ano 2015 ao amparo dos Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, as súas socias promotoras apostaron pola fórmula cooperativa convencidas da profunda necesidade de traballar en comunidade para lograr unha real democratización da creación contemporánea, así como unha profunda dinamización do tecido cultural galego.

Aberta a todo tipo de colaboracións, a súa esencia como proxecto é aplicar os valores cooperativos na construción dunha comunidade cultural participativa e democrática, onde se faga visible o claro compromiso do sector cara á sociedade.

A prestación de servizos profesionais e a produción, realización e desenvolvemento de proxectos artístico-culturais propios, conviven co apoio e aposta polos proxectos que deron en chamar de Impacto Social: proxectos artísticos nos que prevalece a implicación social e a solidariedade sobre o interese económico.

Contacto:

Responsables:  

Eva M. Agra: 645551184 

Clara R. Cordeiro: 637894033

Mail: info@7Hcoop.es // 7Hcoop@7Hcoop.es

Web: www.7hcoop.es

 
7H Cooperativa Cultural
7H Cooperativa Cultural
7H Cooperativa Cultural
7H Cooperativa Cultural