Coworking - Tablón

 
Santiago de Compostela, 16 de Abril de 2018

O Instituto Galego do Viño -empresa do Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura-, organiza este ano a quinta edición do Curso Superior de Sumiller Profesional.

O curso iniciouse o 25 de setembro de 2017 e finalizará o 21 de maio de 2018. As clases teñen lugar todos os luns, en sesións de 10 horas e en horario de 9:00 a 14:00 e de 15:00 a 20:00, na sala OFF da Cidade da Cultura de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de Abril de 2018

O Instituto de Medios Sociales imparte os sábados pola mañá un curso especializado en SEO, SEM e Analítica no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura de Galicia. Será en horario de 9.00 a 14.00 horas no Cubículo do CEM.

Santiago de Compostela, 13 de Abril de 2018 a Santiago de Compostela, 14 de Abril de 2018

O MBA. Máster en Dirección e Administración de Empresas da Galicia Business School estase a impartir na Sala Off da Cidade da Cultura de Galicia. As clases terán lugar os venres en horario de 16.30 a 21.30 horas e os sábados en horario de 9.30  a 14.00 horas

Santiago de Compostela, 13 de Abril de 2018

O 13 de abril a Cidade da Cultura acolle a xornada CREAGAIÁS, unha iniciativa lúdico-formativa que nace co obxectivo de potenciar o emprendemento e a creatividade así como darlle visibilidade as empresas e proxectos residentes no Centro de Emprendemento do Gaiás. Nesta primeira edición, CREAGAIÁS pon o acento na imaxe e en como empregala de forma eficaz a través das redes sociais para facer visible o traballo das persoas emprendedoras.

Santiago de Compostela, 12 de Abril de 2018 a Santiago de Compostela, 20 de Setembro de 2018

O curso 'Activa o teu talento', impartido por Quelqum, terá lugar no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura entre o 12 de abril e o 20 de setembro, en horario de 9 a 14 horas e con dúas xornadas lectivas por mes (exceptuando agosto).

Esta acción formativa estrutúrase en base a sesións abertas grupais de mentoría, nas que se traballa a través dun acompañamento que busca dar resposta ás necesidades como grupo e ás particularidades de cada un dos participantes na formación.

Páxinas