Sala de prensa

 
Santiago, 20 de Maio de 2020

A segunda sesión dos Foros #aculturasegue. Reflexións sobre a cultura na era post-COVID-19 analizará este venres 22 de maio os retos das artes escénicas no contexto actual, nun encontro virtual coa participación da directora artística e directora de escena de Voadora, Marta Pazos, e o director artístico de La Fura dels Baus, Carlus Padrissa.

Santiago, 15 de Maio de 2020

A comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, conduciu esta tarde a primeira sesión dos Foros #ACULTURASEGUE. Reflexións sobre a cultura na era post COVID-19. Este encontro virtual estivo centrado concretamente nos retos e oportunidades da creación de contidos dixitais no eido cultural e foi seguido na rede por arredor de 300 persoas. Contou coa participación da responsable de programas virtuais do Museo Reina Sofía, Olga Sevillano, e do profesor da USC e coordinador de proxectos dixitais do Consello da Cultura Galega, Manuel Gago.

Santiago, 11 de Maio de 2020
#CulturaLike2

A Xunta de Galicia promove o vindeiro mércores 20 de maio a segunda edición de #CulturaLike, un encontro para reflexionar sobre as claves da divulgación cultural e científica en internet, que será emitido en liña e reunirá a tres grandes divulgadores da rede: os galegos Déborah García Bello –Deborah Ciencia– e Miguel Ángel Cajigal –El Barroquista– e o manchego José Luis Crespo –Quantum Fracture–.

Páxinas