Sala de prensa

 
Santiago, 02 de Xuño de 2020

Os desafíos aos que se enfronta no contexto actual o sector do libro será o tema central do debate no cuarto webinario convocado polos Foros #ACULTURASEGUE. Reflexións sobre a cultura na era post-covid-19. A sesión, que terá lugar este xoves 4 de xuño ás 17,00h, contará coa participación do director da editorial Turner, Santiago Fernández de Caleya, e coa xornalista e responsable de edición de Rinoceronte Editora, Anxa Correa.

Santiago, 30 de Maio de 2020

A comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, conduciu esta tarde a terceira sesión dos Foros #ACULTURASEGUE. Reflexións sobre a cultura na era post COVID-19, un encontro virtual que nesta ocasión estivo centrado nos desafíos aos que se enfronta o sector musical, e especialmente o da música clásica, no contexto actual marcado pola crise sanitaria.

Santiago, 28 de Maio de 2020

A Xunta de Galicia, dentro da súa campaña de lecer e formación #aculturasegue, pon en marcha polas redes sociais e páxina web da Cidade da Cultura --www.cidadedacultura.gal-- Cociñeiras ilustradas. Trátase 

Santiago, 27 de Maio de 2020

Os retos do sector musical no contexto actual, e concretamente no eido da música clásica, será o tema a tratar nun novo encontro virtual dos Foros #ACULTURASEGUE. Reflexións sobre a cultura na era post-COVID-19. A sesión, que terá lugar este venres 29 de maio, contará coa participación do ensaísta e crítico musical Juan Ángel Vela del Campo, e da directora técnica da Real Filharmonía de Galicia, Sabela García Fonte.

Santiago, 25 de Maio de 2020

A Xunta vén de convocar unha nova edición do seu Encontro de Artistas Novos (EAN) que en 2020 cumpre dez anos ao redor da arte emerxente e a creación contemporánea. O EAN10 ofrece a corenta novos creadores a oportunidade de participar nunha estancia de catro días no complexo da Cidade da Cultura durante a que presentar o seu proxecto creativo, ademais de optar a realizar unha intervención artística nas Torres Hejduk do complexo, co Camiño de Santiago como eixo.

Páxinas