Sala de prensa

 
Santiago, 24 de Xullo de 2018

O ciclo de concertos ao solpor Atardecer no Gaiás despide o mes de xullo coa estrea en Galicia da Queen Symphony, reinterpretación de carácter sinfónico dos éxitos da mítica banda inglesa, composta en 2002 por Tolga Kashif. Será da man da Banda Artística de Merza acompañada polo coro vigués Gli Appassionati.

Santiago, 20 de Xullo de 2018
Participantes no EAN 2017

A Cidade da Cultura deu a coñecer hoxe os nomes dos 40 creadores e creadoras emerxentes que foron seleccionados para participar no seu VIII Encontro de Artistas Novos #EAN8. Nesta residencia artística no Gaiás –que terá lugar entre o 26 e o 30 de agosto– poderán dar a coñecer o seu proxecto creativo, así como intercambiar experiencias profesionais con outros artistas emerxentes e consolidados, comisarios ou prensa especializada.

Santiago, 18 de Xullo de 2018

Atardecer no Gaiás —o ciclo de concertos ao solpor e de balde durante o verán da Cidade da Cultura de Galicia— arranca mañá xoves, día 19, coa carismática Nathy Peluso, arxentina afincada en España que, cos seus 22

Santiago, 11 de Xullo de 2018

Atardecer no Gaiás —o ciclo de concertos ao solpor e de balde durante o verán da Cidade da Cultura de Galicia— contará esta semana coa actuación da multinstrumentista Dom La Nena (Porto Alegre, 1989), unha das novas voces femininas máis brillantes do panorama internacional, que con tan só 19 anos está a recibir eloxios da crítica

Santiago, 03 de Xullo de 2018
Visitas Astronómicas. Fotos: Manuel G. Vicente

As Visitas Astronómicas volven este verán á Cidade da Cultura, convertendo o monte Gaiás nun observatorio privilexiado do ceo nocturno de Compostela. Durante os sábados do verán realizaranse sesións de observación astronómica –de balde previa inscrición– nas que gozar a un tempo da maxia das estrelas e da arquitectura do complexo de Peter Eisenman.

Páxinas