Sala de prensa

 
Santiago, 19 de Xaneiro de 2024

A Xunta de Galicia restaura un conxunto de pezas pertencentes ao Convento de San Francisco de Santiago de Compostela para a súa inclusión na exposición Tesouros reais. Obras mestras do Terra Sancta Museum. Entre marzo e agosto, esta mostra exhibirá no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, por vez primeira en España, obras mestras da colección histórica do Terra Sancta Museum de Xerusalén.

Santiago, 16 de Xaneiro de 2024

A Cidade da Cultura foi a insignia da cultura galega en 2023, segundo vén de publicar o Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea, un prestixioso informe elaborado coas valoracións de 414 expertos e profesionais de toda España que mantén a Galicia como a sexta comunidade pola calidade e innovación da súa oferta. Así, o Gaiás encabeza a listaxe de propostas culturais en Galicia e entra no número 63 do ránking nacional, no que tamén figura o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) no 84, 13 postos por riba de 2022.

Santiago, 11 de Xaneiro de 2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo; a directora xerente da Cidade da Cultura de Galicia, Ana Isabel Vázquez, e a directora de Escenas do cambio, Kirenia Martínez, mantiveron hoxe unha reunión para pór sobre a mesa o traballo avanzado de cara á organización da décima edición do Festival de teatro, danza e arte en acción da Cidade da Cultura, en maio de 2024.

Santiago, 09 de Xaneiro de 2024

A Cidade da Cultura acolle neste primeiro mes do ano unha selección do mellor cine para público miúdo cunha nova edición de Pequefilmes, o festival internacional de curtametraxes infantís que proxectará no Gaiás máis de medio cento de obras procedentes de 16 países, o 26, 27 e 28 de xaneiro.

Santiago, 08 de Xaneiro de 2024

A exposición Luz na Terra. O Seminario de Estudos Galegos: unha institución de alta cultura despídese este domingo 7 de xaneiro do Museo Centro Gaiás, onde fora inaugurada a comezos do pasado mes de xullo. A mostra encadrouse nos actos cos que neste ano que vén de rematar se conmemorou o centenario da fundación do Seminario.

Páxinas