Sala de prensa

 
Santiago, 12 de Abril de 2018

A Cidade da Cultura inaugurará o vindeiro 30 de abril a exposición Pestana, a verdade entre as mans para recuperar e pór en valor a obra do fotógrafo galego (Castroverde, Lugo. 1917-2015), descoñecido para o gran público, pero todo un referente da imaxe na segunda metade do século XX.

Santiago, 11 de Abril de 2018

Xa está aberta a inscrición para a Holi Gaiás do sábado 5 de maio!

Santiago, 10 de Abril de 2018

A banda española Tulsa, formación liderada pola cantautora guipuscoana Miren Iza, será a encargada de pechar o vindeiro venres 13 de abril na Cidade da Cultura a xornada lúdico-formativa CREAGAIÁS. A iniciativa, promovida polo Centro de Emprendemento do Gaiás, nace co obxectivo de potenciar e pór en valor proxectos emprendedores culturais e creativos, ademais de apoiar e formar

Santiago, 08 de Abril de 2018

A Cidade da Cultura de Galicia celebrou este sábado día 7 divertidos e creativos obradoiros familiares sobre arquitectura para sumarse ao programa de actividades ao redor do Día das Artes Galegas, que este ano se lle dedica a Alejandro de la Sota (Pontevedra, 1913 – Madrid, 1996) e do que se tivo unha mostra dos seus deseños no Museo Centro Gaiás coa exposición Da árbore á cadeira.

Santiago, 06 de Abril de 2018

Desde o vindeiro 16 de abril e ata o 25 de maio, unha vintena de mozos e mozas menores de 30 anos á procura de ampliar e mellorar as súas competencias profesionais poderán formarse na Cidade da Cultura en desenvolvemento de videoxogos e creatividade dixital.

Páxinas