Entradas esgotadas para a Holi Gaiás

Holi Gaiás
Santiago de Compostela, 21 de Marzo de 2017

Entradas esgotadas para a Holi Gaiás, a divertida carreira lúdica que terá lugar este sábado, 25 de marzo, na Cidade da Cultura.

Nun percorrido de 5 quilómetros polo complexo deseñado por Peter Eisenman, a Holi Gaiás permitirá descubrir e gozar da Cidade da Cultura nun ambiente festivo que lembrará o popular festival de primavera celebrado tradicionalmente na India, Guyana e Nepal, no que se festexa a chegada da nova estación cunha explosión de cores.

A recollida de dorsais terá lugar desde as 9:30 horas no Museo Centro Gaiás na praza situada entre o Museo Centro Gaiás e o edificio CINC, desde onde se efectuará a saída e chegada da carreira.