Demoday de 21 proxectos emprendedores no Gaiás

Santiago de Compostela, 28 de Novembro de 2017

A Cidade da Cultura de Galicia acolleu hoxe a presentación de 21 proxectos emprendedores en formato ‘Demoday’, un tipo de presentación na que cada participante dispón dun tempo moi breve, neste caso 7 minutos, para dar a coñecer a súa iniciativa.

Todas as presentacións pertencen a proxectos inscritos na segunda edición do ‘Programa Go2Work’ do IGAPE-EOI, que se celebra desde o pasado mes de xuño no CEM. Centro de Empendemento do Gaiás. Precisamente, esta ‘Demoday’ supuxo o punto e final de cinco meses de formación con horas de titorización personalizada para cada un dos 21 proxectos inscritos. A esta presentación acudiron a directora-xerente da Cidade da Cultura de Galicia, Ana Isabel Vázquez Reboredo: o director da  Área de Competitividade do Instituto Galego de Promoción Económica, Norberto Penedo; e o director da Área de Desenvolvemento de Pemes, Francisco Javier Benito.