Ioga no Museo | Un diálogo entre as formas do ioga e da arte contemporánea

Os domingos 17 de setembro e 15 de outubro convidámosvos a descubrir dun xeito diferente a exposición Traballo en equipo. 30 anos do CGAC no Museo Centro Gaiás en dúas sesións de ioga que dialogan con algunhas das pezas da mostra buscando a conexión entre esta disciplina milenaria, o espazo arquitectónico e a arte contemporánea.

As palabras perdidas | Teatro Día Europeo das Linguas

A Biblioteca de Galicia organiza con motivo do Día Europeo das Linguas a representación teatral As palabras perdidas. Trátase dun espectáculo de teatro versátil, unha proposta que anima a falar galego dun xeito divertido, dinámico e moderno e que pon en valor o idioma, os ditos e as historias de Galicia. Coñeceremos esas palabras que se atopan máis agochadas!

Argumento

A Cidade da Cultura e o Incipit promoven unha residencia para achegar a antropoloxía ao público desde a experiencia artística

A Cidade da Cultura e o Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit-CSIC) apoian o desenvolvemento dunha nova residencia que combina investigación e experimentación artística para achegar ao público conceptos, teorías e coñecementos académicos dos eidos da antropoloxía e das ciencias sociais.

Santiago de Compostela, 04 de Setembro de 2023

A estrela do pop Natalia Lacunza e o artista francés Ben L’oncle Soul pechan os concertos de Atardecer no Gaiás

Esta semana a Cidade da Cultura pecha por todo o alto o ciclo de concertos Atardecer no Gaiás, impulsado pola Xunta de Galicia, coas actuacións do francés Ben L’Oncle Soul e da estrela do pop Natalia Lacunza. O soulman presenta o mércores 30 o seu disco máis espiritual e íntimo, no que combina o encanto do R&B vangardista e as raíces da música soul.

Santiago de Compostela, 30 de Xullo de 2023

A Xunta axiliza a construción no Gaiás do primeiro Centro de Artes Dixitais de Galicia adxudicando a súa construción nun prazo máximo de 24 meses

A Xunta axiliza o proxecto para que Galicia conte cun centro que lle permita levar a cabo proxectos de máximo nivel no eido das artes dixitais e faino adxudicando as obras para a construción do que será o primeiro Centro de Artes Dixitais de Galicia nun prazo máximo de 24 meses —seis meses antes do tempo fixado na licitación—.

Santiago de Compostela, 29 de Agosto de 2023

O EAN13 reúne no Gaiás a 40 creadores de dentro e fóra de Galicia nunha aposta pola arte emerxente

O director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo, recibiu hoxe os 40 creadores emerxentes que ata o vindeiro xoves 31 de agosto participan no Gaiás na décimo terceira edición do Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura de Galicia, EAN13, onde poderán presentar publicamente os seus traballos e aprender de figuras consolidadas neste foro aberto ao intercambio de ideas, experiencias e procesos creativos.

Santiago de Compostela, 28 de Agosto de 2023

Volve Cidade imaxinaria o 9 de setembro para despedir o verán no Gaiás

A Xunta de Galicia convida as familias a gozar este verán dunha das citas clásicas do Gaiás, Cidade imaxinaria, que regresa tras un parón ocasionado pola pandemia. Esta xornada lúdica e familiar que enche de fantasía a Cidade da Cultura volve celebrarse este ano o sábado 9 de setembro cunha proposta de xogos e espectáculos para mergullar a pequenos e maiores na maxia e ilusión do circo.

Santiago de Compostela, 17 de Agosto de 2023

Cidade Imaxinaria 2023

A maxia e a fantasía volven ao Gaiás: volve... A CIDADE IMAXINARIA!! O 9 de setembro despedimos o verán ao grande, na compaña de malabaristas, trapecistas, equilibristas, saltimbanquis, clowns e fabulosas personaxes fantásticas de toda clase e condición, que regresan para ateigar de diversión todos os recunchos da Cidade da Cultura.

A coreógrafa Kirenia Martínez, nova directora do festival ‘Escenas do cambio’

A Consellería de Cultura vén de designar á coreógrafa e mediadora cultural Kirenia Martínez (Cuba, 1980) como nova directora artística de Escenas do cambio, o festival de teatro, danza e arte en acción que ten lugar na Cidade da Cultura e que o próximo ano celebrará a súa décima edición.

Con máis de vinte anos de experiencia —19 deles residindo en Galicia— e unha longa traxectoria artística, a tamén bailarina e fundadora de Kirenia Danza substitúe a Lola Correa, a quen a Consellería de Cultura agradece o seu importante labor á fronte de Escenas do cambio.

Santiago de Compostela, 10 de Agosto de 2023

Dez concertos para este agosto no 'Atardecer no Gaiás', con nomes como Bejo, Natalia Lacunza ou Ben L’oncle Soul

A Xunta de Galicia convida a gozar dun agosto musical na Cidade da Cultura cos dez concertos de Atardecer no Gaias, festival que achega a Santiago nomes como Bejo, Natalia Lacunza ou o francés Ben L’oncle Soul. 

Santiago de Compostela, 02 de Agosto de 2023

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS