Cacho Animalada! | Espectáculo polo Día da Narración Oral 2024

CACHO ANIMALADA! É unha sesión de narración oral e música para público familiar que ofrece a Biblioteca de Galicia para celebrar o Día da Narración Oral. A narradora Vero Rilo acompáñase esta vez da guitarra, da voz (e outros trebellos) do multifacético Luís Iglesias. Así, aventúranse xuntos nun camiño diverso, transitado por contos da nosa tradición oral, versións libres e revisiadas dos Contos de Fadas de Ángela Carter, contos de autor/a que xa son clásicos da literatura e álbum ilustrado infantil...

O Arquivo de Galicia convida a reflexionar sobre a dobre condición de muller e migrante a través de 56 documentos

A Xunta inaugura no Arquivo de Galicia, con motivo da celebración mañá do Día Internacional de Muller, a exposición Fillas de Galicia. Mulleres na emigración, centrada na desigual participación que tiveron homes e mulleres nas asociacións galegas de emigrantes, tanto en América como en España.  

Santiago de Compostela, 07 de Marzo de 2024

Román Rodríguez enxalza as cidades como elementos vertebradores da cultura galega na inauguración da mostra 'Ourense no tempo'

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, participou esta tarde na inauguración da exposición Ourense no tempo, onde puxo en valor a relevancia que posúen as cidades galegas como elementos “integradores e vertebradores” da nosa cultura, en referencia á relación coa paisaxe, coa estrutura económica e coa propia historia da Comunidade.

Santiago de Compostela, 04 de Marzo de 2024

O EAN14 convoca a 40 novos talentos da creación contemporánea a amosar o seu traballo no Gaiás

A Xunta de Galicia convoca a creadores emerxentes a participar na décimo cuarta edición do Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura (EAN14)O encontro ofrece a 40 novas figuras da arte contemporánea a oportunidade de participar nunha estancia de catro días no Gaiás durante a que presentar o seu proxecto creativo e compartir aprendizaxes con outros artistas emerxentes, así como consolidados nomes do panorama contemporáneo que participan como relatores.

Santiago de Compostela, 03 de Marzo de 2024

Conversas con merenda: é posible contar a historia doutro xeito? | Día Internacional da Muller 2024

Con motivo da conmemoración do Día da Muller, a Biblioteca de Galicia organiza xunto co CSIC unha conversa distendida e interactiva entre as persoas asistentes e un investigador, Miguel García Fernández, especializado no estudo da historia das mulleres. O obxectivo é o de debater sobre os silencios que aínda persisten, tanto no ámbito da investigación coma no da divulgación e na ensinanza da historia, respecto do papel e o protagonismo que tiveron as mulleres na historia de Galicia.

Comando dramatúrxico | Escenas do cambio 2024

Se che interesan a danza, o teatro e as artes vivas e queres vivir unha experiencia única, enrólate no Comando Dramatúrxico de Escenas do cambio! Procuramos 6 persoas, con coñecementos e competencias relacionadas coas artes escénicas, para formar parte dun grupo de traballo que acompañará todos os espectáculos e actividades da 10ª edición do festival, do venres 3 ao domingo 5 de maio de 2024.

XIV Encontro de Artistas Novos: #EAN14

O Gaiás convértese por décimo cuarto ano consecutivo nun espazo de encontro no que creadores e creadoras emerxentes teñen a oportunidade de dar a coñecer os seus traballos e debater ao redor da arte contemporánea durante catro días de convivencia e intercambio de coñecementos e ideas con outros axentes culturais. Chega o XIV Encontro de Artistas Novos, #EAN14, que se celebra do 25 ao 29 de agosto de 2024, coordinado unha edición máis por Rafael Doctor.

Visitas comentadas | Tesouros reais. Obras mestras do Terra Sancta Museum

Percorrido comentado para descubrir o extraordinario e pouco coñecido tesouro artístico do Terra Sancta Museum de Xerusalén, composto de doazóns das monarquías católicas europeas ao longo de 500 anos. Valiosas pezas creadas para os ollos de Deus, que os reis e raíñas máis poderosas de Europa enviaron a Xerusalén: lugar de profunda simboloxía espiritual e importante centro de proxección do seu poder e devoción.

A cuarta Residencia literaria da Cidade da Cultura abre inscricións á procura do novo talento literario de Galicia

A Xunta convoca aos escritores e escritoras inéditos de Galicia a participar na cuarta Residencia Literaria da Cidade da Cultura para dar impulso aos seus proxectos de narrativa. Dirixida polo escritor Javier Peña, a residencia é un espazo de aprendizaxe en común aberto á análise, a crítica e o eloxio no que participarán tamén dúas novas voces destacadas nas letras actuais, a escritora catalá Irene Solà e o galego Brais Lamela.

Santiago de Compostela, 20 de Febreiro de 2024

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS