Sala de prensa

 
Santiago, 21 de Outubro de 2018

A Xunta vén de adxudicar a construción do Edificio Fontán á UTE formada por Acciona e San José por 14.784.924 euros, cantidade que supón unha rebaixa de 2,2 millóns respecto ao importe de licitación -17 millóns-. As empresas adxudicatarias garanten ademais que estará rematado nun prazo seis meses inferior ao previsto: 24 meses fronte a 30; este rebaixa do tempo permitirá que estea finalizado no último trimestre de 2020 e operativo no 2021, ano do Xacobeo.

Santiago, 19 de Outubro de 2018
Renovación convenio Fundación Cidade da Cultura - AJE Galicia

A Cidade da Cultura e a Asociación de Jóvenes Empresarios de Galicia reforzaron hoxe a súa colaboración coa sinatura dun novo convenio de colaboración que dá continuidade ao compromiso adquirido hai un ano para favorecer o emprendemento e a creación de novas empresas. Ambas entidades programarán accións conxuntas das que se poderán beneficiar máis dun milleiro de empresarios e emprendedores.

Santiago, 17 de Outubro de 2018

O poder da música para superar fronteiras culturais, sociais, xeográficas e incluso xeracionais centra do 17 ao 19 de outubro a programación da Cidade da Cultura coa celebración da YAMsession 2018, o maior encontro europeo para profesionais que traballan no sector da música dirixida ao público infantil e xuvenil.

Santiago, 15 de Outubro de 2018

A Cidade da Cultura será sede no mes de novembro do Campionato Mundial de Xadrez das categorías sub-8, sub-10 e sub-12, evento que reunirá do 3 ao 16 de novembro a máis de 800 novas promesas deste deporte no Gaiás. Desde a organización do torneo quixeron destacar a elevada participación de países no campionato, a máis numerosa dos tres mundiais da categoría cadete que se teñen celebrando ata agora.

Santiago, 14 de Outubro de 2018

A Cidade da Cultura de Galicia converterase en novembro nun ring dialéctico a través de Asaltos!, ciclo cultural nun formato orixinal e rompedor, no que se convida a personalidades de dentro e fóra de Galicia vencelladas co ámbito da literatura, da divulgación cultural, da tradución e da música a converterse en púxiles da palabra.

Páxinas