Verán no Gaiás 2018

Preto de 70 actividades nas que se prevé a asistencia de máis de 50.000 persoas. Esta é a carta de presentación do Verán no Gaiás 2018, programación que vos temos argallada para esta época de estío e que celebraremos, a meirande parte dela, ao aire libre e en contacto cos espazos verdes do Gaiás.

Atardecer no Gaiás 2018

Atardecer no Gaiás 2018 contará con 21 bandas e artistas para pórlle banda sonora aos solpores do verán. Este ciclo de concertos ao aire libre e ao caer o sol é unha das citas consolidadas da época estival. O cartel deste ano é un fiel escaparate das tendencias musicais actuais. Así, dálle máis espazo ás músicas urbanas --hip-hop, trap ou cumbiaelectronica-- e evidencia unha clara aposta polas voces femininas --maioría nesta edición--e nun abano amplo de rexistros.

Día dos Museos 2018 - Hiperconectados contigo

Celebramos o Día dos Museos por todo o alto con dúas xornadas de festexos! O lema deste 2018 é a hiperconectividade, co obxecto de amosar ao público todas as conexións que establecen dende o museo e cara ao exterior. O Museo Centro Gaiás adapta este leitmotivHiperconectados contigo. E que mellor forma de demostralo con esta ampla programación con 20 actividades nas que queremos contar todo o tempo coa túa presenza, física ou en liña, a través de:

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS