Galicia Open Future

Galicia Open Future é o proxecto de crowdworking, impulsado na Cidade da Cultura por Teléfonica e a Xunta de Galicia a través da Amtega, destinado a impulsar iniciativas de emprendemento en todos os sectores, especialmente no ámbito das TICs.

 

Galicia Open Future funciona xa de forma efectiva desde setembro de 2014 no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura, cun 150 persoas pertecentes aos 50 proxectos seleccionados durante á primera fase e elixidos entre os máis de 130 que se presentaron á convocatoria. Céntranse en sectores como o tecnolóxico aplicados a distintos ámbitos (marítimo-pesqueiro, agricultura, enerxía), as smarcities, lecer, cultura, saúde, educación e turismo, e algúns xurdiron en universidades e centros tecnolóxicos de Galicia. A formación que reciben os traballadores seleccionados estrutúrase en adestramentos individuais, obradoiros grupais, obradoiros prácticos e actividades abertas. 

Galicia Open Future é un proxecto impulsado por Telefónica -que inviste no seu funcionamento preto 850.000 euros anuais- en colaboración coa Xunta de Galicia a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia Amtega-. Os 50 proxectos seleccionados reciben unha axuda, achegada pola Axencia Galega de Innovación, de 2.000 euros. Unha vez superada a primeira fase, os proxectos xa evolucionados poden optar a outra achega de 25.000 euros, que deberá destinarse ao desenvolvemento do propio proxecto. Ademais, os proxectos que consigan esta segunda axuda poderán ter a posibilidade de acceder a un préstamo reembolsable do Igape doutros 25.000 euros.