David Binder

David Binder dedícase á produción de experiencias vitais extraordinarias.

Produciu festivais, teatro de Broadway, Off-Broadway, e eventos especiais dunha soa función. Os seus créditos inclúen o New Island Festival, dez días de teatro, danza, música e arte visual holandés in situ na Governors Island de Nova York e The High Line Festival comisariado por David Bowie, con actuacións de Arcade Fire, Laurie Anderson, Meow, Meow e Ricky Gervais.

Outros créditos teatrais inclúen as producións de Broadway A Raisin in the Sun con Sean “Puffy” Combs e 33 Variations con Jane Fonda. Créditos de Off- Broadway inclúen De la Guarda, Fuerza Bruta e Hedwig and the Angry Inch. Produciu cinco espectáculos con Donmar Warehouse, incluíndo Frost/Nixon e Mary Stuart en Broadway, Lobby Hero, Voyage Around My Father con Derek Jacobi, e Guys and Dolls con Ewan McGregor e Jane Krakowski, no West End de Londres. Máis recentemente, produciu This Is Our Youth con Michael Cera na Sydney Opera House. David foi nomeado catro veces aos premios Tony.

É docente da Yale School of Drama e recentemente obtivo a Anshutz Distinguished Teaching Fellowship in American Studies da Universidade de Princeton. O ano que vén, en primavera, producirá Hedwig en Broadway, coa actuación estelar de Neil Patrick Harris.