Coworking: Emprende Cultura Gaiás

Precisas dun lugar de traballo? Que che parece un espazo onde se fomente a túa creatividade, que teña lugar nunha contorna creativa e con asesoramento de expertos no sector cultural? Se é o que buscas, “Emprende Cultura Gaiás” é o teu sitio.

A Cidade da Cultura de Galicia e Agadic poñen en marcha un novo espazo de coworking, que lle permitirá aos profesionais das industrias culturais multiplicar as súas posibilidades de negocio aproveitando as oportunidades dunha rede de contactos no sector e beneficiarse dun programa especial de formación e de presentación das súas ideas a empresas.

Situado no Centro de Emprendemento Cultural e Creativo de Galicia, o espazo de coworking do Gaiás ofrece, ademais dos servizos básicos (mesa de traballo, cadeira, estante, conexión a internet de alta capacidade, conexión telefónica, caixa de correo, taquilla, subministro eléctrico, auga e calefacción), a posibilidade de disponer dunha sala de reunións de grupos equipado con wifi e proxector e dunha sala-despacho.

Xunto ao espazo de traballo, os integrantes do espazo de coworking “Emprende Cultura Gaiás” contarán cun servizo de titorización e recibirán formación, coñecementos de networking, creative camps ou acceso.

Servizos

Servizos para a creación de novas empresas

  • Ferramentas telemáticas. As empresas terán acceso a un amplo conxunto de ferramentas de apoio á maduración de ideas empresariais que lles permitirán contar cun plan de negocio que oriente os primeiros pasos.
  • Servizo de titorización. Titorización e acompañamento na definición e posta en marcha de modelos de negocio exitosos.
  • Formación. Seminarios de identificación de novos modelos de negocios e de maduración de ideas empresariais.
  • Networking. Eventos de identificación de oportunidades de colaboración entre empresas.
  • Fontes financeiras. Plataforma de crowdfunding e organización de roldas de financiamento.


Servizos para a dinamización e consolidación de iniciativas empresariais

  • Coaching. Coaching para mellorar as habilidades e competencias.
  • Mentorizaxe. Mentorizaxe en procesos de acceso a mercados exteriores.
  • Formación avanzada. Formación avanzada en xestión de empresas culturais e creativas.
  • Show Rooms. Show Rooms para presentación de empresas e produtos.
  • Creative Camps. Eventos de intercambio de experiencias e deseño de proxectos innovadores e colaborativos.
  • Asesoramento financeiro. Información e asesoramento para o acceso a financiamento e axudas públicas.
 
Espazo Coworking
Espazo Coworking
Espazo Coworking
Espazo Coworking
Espazo Coworking
 
pdf 249.15 KB
pdf 1.46 MB
pdf 456.52 KB