Xuventude Crea: Blue meth state + Cris Román + Miguel Alonso e banda

O Atardecer no Gaiás do 15 de agosto é o das bandas emerxentes galegas. Os tres gañadores do certame Xuventude Crea serán os encargados de poñerlle música ao solpor.

A tardiña comezará por todo o alto con Miguel Alonso e banda, que traerá ao Gaiás os temas do seu último disco: Como dioses de alquiler. Será un repaso polos dez anos da súa traxectoria, a través de cancións que quedaron descartadas ou esquecidas nalgunha maqueta e agora coidadosamente reinventadas e regravadas coa mellor calidade. Entre os seus sons atopamos rock, coutry, pop e mesmo cabaret, estilos todos levados ao terreo da música de autor. 

Tras Miguel Alonso, Cris Román subirá ao escenario de Atardecer no Gaiás acompañada da súa inseparable guitarra. Tras acadar o segundo posto no Xuventude Crea coas súas composicións As verbas do contento e Antes de nace, Cris Román demostrará na praza central o talento e a calidade das súas cancións.

O fin de festa correrá a cargo de  Blue Meth State, metalcore desde Santiago de Compostela. Formada por Vadiño (guitarra solista e voz), Adry (baixista), Akuma (coros), Braix (baterí), Andres (guitarra rítmica) e Josete (baixo, sintetizadores, samplers e técnico) Blue Meth State alzouse co primeiro premio dos Xuventude Crea 2014 e este sábado o dará todo para facer da praza central o mellor escenario de festival.

 
Música & Escena
 
 
 
00:00