Xornada sobre o Fondo de Garantía e o Subprograma MEDIA

O 12 de xullo terá lugar na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela unha sesión  informativa  sobre o  Instrumento de Garantía do  Programa de financiamento Europa Creativa. Este instrumento de garantía é un sistema de avais apoiado pola Comisión  Europea que ten por obxectivo o fortalecemento do sector cultural e creativo e a mellora do seu acceso ao financiamento.

Coa finalidade de dar a coñecer este Fondo e o proceso da súa solicitude, a Oficina Europa Creativa España, xunto coa Xunta de Galicia, organizan esta xornada informativa, que contará coa presenza e participación de CREA  SGR, principal Sociedade de Garantía  Reciproca especializada no sector cultural e creativo, da Oficina MEDIA España, e a Produtora  Ladybug  Films como caso de boas practicas.

Programa:

10:00 h Presentación
  • Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Cultura da Xunta de Galicia
  • Graal  Ibáñez, Responsable de Europa Creativa España

10:30 h Oportunidades de financiamento para proxectos audiovisuais no Programa Europa Creativa. Peter  Andermatt, Director da Oficina MEDIA España

11:00 h O Instrumento de Garantía de Europa Creativa. Mónica Carretero,  Directora de Desenvolvemento de Negocio de CREA Sociedade de Garantía Recíproca

11:45 h Aspectos prácticos do proceso de solicitude. Anxo da Cruz, Director da produtora Ladybug Films