Xerando valor na bioeconomía forestal

O 16 de maio, terá lugar no salón de convencións do Edificio CINC a xornada Xerando valor na bioeconomía forestal, organizada pola Axencia Galega da Industria Forestal (XERA).

A apertura da xornada, ás 10:00 horas correrá a cargo do director de XERA, Ignacio Lema Piñeiro e a continuación terá lugar a conferencia 'Desafíos e oportunidades para a bioeconomía forestal', impartida por Andreas Kleinschmit von Lengefeld, director de Innovación, Investigación e Internacional do FCBA.

Ás 11:00 celebrarase unha mesa de debate coa participación de Enrique Valero Gutiérrez del Olmo, do departamento de Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio Ambiente da Universidade de Vigo, Manuel Guaita Fernández, do departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC e director de Pemade, e Antonio Álvarez Sánchez, director de Medio Ambiente de Inditex.

A clausura da xornada correrá a cargo do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde López.

Para partícipar, débese confirmar asistencia no enderezo electrónico xornadabioeconomia-xera.ceei@xunta.gal ou no teléfono 881 978 488.