A volta ao mundo en 80 Entroidos

A Cidade da Cultura convídavos o 27 de febreiro a un Baile de Entroido viaxeiro, no que percorrer o mundo descubrindo os diferentes entroidos galegos e a celebración do Carnaval nos diferentes continentes a través da danza.

A volta ao mundo en 80 Entroidos descubriranos, a través da música e o baile, as nosas tradicións no Entroido e as de países como Brasil, Colombia, Portugal ou Perú. Da man de Entroidanzas, un animado espectáculo de iniciación ao baile a cargo de Pesdelán, viaxaremos polas culturas máis diversas dunha forma lúdica, imaxinativa, divertida e en familia. O Baile de Entroido finalizará cunha sesión DJ moi especial a cargo de Bigote Mix, na que seguir gozando con todo tipo de músicas propias destas datas. Unha xornada chea de ritmo, baile e espírito do Entroido!